Xornada de Iniciación ao Disc Golf
Sábado 23 de setembro - de 16:00 a 19:00
O vindeiro sábado 23, ven ao Monte do Gozo a descubrir o disc golf, un deporte ao aire libre que poderás practicar en Santiago de Compostela completamente de balde durante todo o ano, cunha xornada de iniciación na que haberá premios e sorteos de packs de discos de iniciación.
O evento consistirá nunha pequena introducción, onde os membros do Compostela Disc Golf Club explicarán en que consiste o deporte e as regras básicas. Daranse indicacións do lanzamento dos discos e unas nocións básicas dos tipos de discos e do seu voo.
Ao rematar esta explicación celebrarase un pequeno torneo para os asistentes. Nesta competición informal os participantes poderán experimentar este deporte e poderán gañar paquetes de discos de iniciación. Os asistentes estarán acompañados en todo momento por membros do club, que os guiarán ao longo de toda a xornada.
As actividades desenvolveranse por grupos que se configurarán ao inicio do evento. Pódeste apuntar en solitario (incluirémoste nalgún dos grupos) ou con acompañantes (poderedes ir no mesmo grupo).
Programa da xornada
16:00 - Benvida e introducción ao disc golf
16:30 - Tirar discos lonxe (práctica de drivers)
17:00 - Encestar nas canastas (práctica de putters)
17:30 - Pequeno torneo en grupos de 3-5 persoas
18:45 - Entrega de premios do torneo e sorteo
Colaboran: